Fai 31 anos

Mais preto de Ourense, este curso podo vivir na casa, podo sair pola mañá e voltar ao remate das clases.

Si, este curso paseino en Rivadabia, foi un moi bo curso, coñecín novas e novos compañeiros, viaxei con Marisa, Mari, Aurora, Angelita, sí, eramos 5 para ir e vir todos os días, lembro as nosas viaxes, as nosas conversas…

Lembro ao resto dos profesores, ao director, a moitos dos alumnos aos que anos mais tarde votei atoparme no camiño e non como alumnos senón como empresarios.

Lembro os problemas coa asociación de pais, daquela era so pais, agora é pais e nais, como cambian as cousas!!!!!

Non olvido que era titora dun 6º, que impartín galego e plástica, como dixen foi un bo curso, aínda que non tan bo como o anterior de A Gudiña…

Pasados tantos anos, perdín a pista das compañeiras, Aurora fora para O Porriño, as demais están xubiladas e so a Marisa a vexo de moi tarde en vez.

Un curso nesta vila, comendo no Evencio os días que non tiñamos comedor, porque era obrigatorio atendelo un día a semana, hoxe non me obrigarían, daquelas aínda no coñecía a lexislación, jajajaajaj…

Pero si tiven algúns que outros problemas, con algún compañeriro, mellor con unha compañeira, á que non lle vou pon nome neste blog, e lembro con cariño a outras e outros cos que non viaxaba pero si tiña unha boa relación.

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *