30 anos

Uff este si que non poderei olvidalo, pasei o curso na agrupación de Carballeda de Avia.

Porque non o olvido? fácil, foron os nove meses de embarazo, así que non foron 9 de curso, só ata marzo..

Vixaba con Isabel, canto tempo fai que non a vexo, ela seguía para outra escola, eu quedaba con Amparo e…… non lembro o nome da directora, por dios, como me anda a memoria.

Foi un bo curso tamén, daba clases aos nenos e nenas de 3º e 4º, daquelas non era primaria era EXB, así que todas a materias.

A directora penso que era a profesora de infantil, e o resto repartiamolo entre tres profesores.

Comia nun bar, do que non lembro o nome, pero si que pode ver aínda onde estaba no pobo.

En marzo baixa maternal, lembro todos e cada un dos agasallos que os nenos, os pais e os compañeiros me fixeron, non podería olvidalo, era o meu primeiro fillo, logo quedou en único, pero daquelas non sabía que iba a ser así, polo que a ilusión era moita, todo fora ben, so faltaba que nacera o 8 de abril, era a miña ilusión, jajaja, ademais de que fora neno.

Marzo de 1983 remata para min o curso en Carballeda de Avia, para ir mais tarde de visita.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *