29 anos atrás

! Qué curso!

Ourense cidade, imposible de creer, no colexio da Inmaculada, impartindo a asignatura de Inglés, aquela que facía anos preparara para poder ter algunha posibilidade de colocarme ben.

Pois chegou a hora, por fin na cidade, co fillo pequeno, eso era un soño.

Novos compañeiros,Cristina, Mª José, Venerando, Manolita ….. algún mais lembro, pero eu non son moito de nomes, prefiro quedarme coas caras, esas si que non se me olvidan nunca, pero os nomes, uf … tardo en aprender ata os dos nenos no propio curso.

Daba clases de inglés, vendo o curso dende hoxe, penso que non o fixen moi ben, o meu inglés non era tan bo como merecían os alumnos, se poidera elexir por matemáticas seguro que non daba inglés, pero eu precisaba estar en Ourense, así que toca dar inglés, pois dou inglés, eso si a voltas co cassette, quen pensaba daquelas na PDI, LIM, …. unha cinta e que fixeran os listening….

Tamén daba clases de Plástica na segunda etapa, non lembro se fun ou non titora, pero o que lembro e que votamos a atoparnos Encarna e mais eu, outra vez xuntas neste centro.

Este foi o meu último curso provisional, foi este ano cando me deron a definitiva, e cousas da vida, Encarna e mais eu fomos para o mesmo centro.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *