Ningún neno sen libros

De volta ao cole, ningún neno sen libros

  • Segundo datos achegados pola Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA) e a Asociación Giner de los Ríos, un de cada tres escolares terá serías dificultades para levar os libros de texto que se lles esixen este curso 2012-2013.

 

http://piratasdegalicia.org/web/sites/piratasdegalicia.org/files/styles/medium/public/imaxes/1/parents2parents.png

Aos recortes de 3.000 millóns de euros na partida de educación que o Goberno aprobou a pasada primavera hai que sumar o aumento do prezo dos libros de texto (2,39% de media) e o aumento do IVE, que no caso do material escolar pasa do 4% ao 21%. O gasto medio por neno, segundo a OCU, será de 640 €, dos cales 215 € corresponden ao gasto en libros de texto.

A situación é dramática, estímase que 2.000.000 de nenos non terán todos os libros este curso. Os Piratas defendemos o acceso sen trabas á cultura e ao coñecemento, e entendemos que o acceso á educación é un dereito fundamental en calquera estado.

Por estes motivos e co obxectivo de que este ano non haxa ningún só estudante sen libros, Pirates de Cataluña xunto con Piratas de Galicia e Piratas de Madrid, abrimos un portal con enlaces p2p onde ofrecemos a tódalas familias a posibilidade de acceder aos materiais que precisen. Actualmente dispoñemos de enlaces a material de primaria, secundaria e bacharelato; e engádense novos contidos a diario.

Este proxecto é posible gracias á colaboración de Piratas de Holanda, República Checa e Serbia. A iniciativa recibe o nome “Parents 2 Parents” (que ven sendo “de pais a pais”, #Parents2Parents), en alusión á tecnoloxía P2P, que permite a compartición de arquivos entre persoas. Gracias a esta tecnoloxía, o eventual bloqueo da nosa web por parte das autoridades (lei Sinde-Wert) non poderá deter o acceso aos materiais que ligamos.

Son moitos os mestres e pais que queren que se utilicen as novas tecnoloxías para mellorar realmente o ensino, e que propoñen a creación de materiais pedagóxicos libres.

Dende Piratas de Galicia cremos firmemente que o acceso á cultura e o coñecemento debe ser universal, e precisamente por iso, o ensino ten que basearse en materiais libres creados por profesionais do ensino, e non no modelo actual de compra ou aluguer de materiais a un pequeno grupo de empresas editoriais.

Desgraciadamente, nin dende a Consellería de Educación nin dende o goberno central quixeronavanzar na creación destes materiais nin na súa homologación correspondente.

Confiamos que este portal sirva para crear unha comunidade de mestres e profesionais do ensinoque, como nós, defendan que o acceso á cultura non estea en mans duns poucos.

Así mesmo, lembramos que compartir sen ánimo de lucro é legal, e non se corre ningún risco como as editoriais e a industria cultural queren facer crer.

Aproveitamos para invitar a profesores, asociacións de pais e nais, e a calquera persoa interesada na mellora da educación, a darse de alta na web e a achegar os materiais que encontren dispoñibles na rede, así como os que poidan proporcionar de creación propia.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *