34 anos atrás

Nun lugar da Gudiña……. si, San Lorenzo, fai 34 anos empezaba a miña vida profesional.

Aquela escola, con buratos no chan, entrando aire polas ventás, con todos aqueles nenos e nenas, e xa non tan nenos e nenas, pois dende 4 anos ata 14 alí estabamos todos.

Acabas a carreira, fas unha especialidade, e de pronto atopaste con aquelo, eu, que saia coa especialidade de matemáticas, …. ríome dos que saen agora e teñen dous cursos xuntos…..

Tiña que ensinar a ler a uns, ecuacións a outros…. e o malo, idioma… , así que empecei co inglés, algún día, pensei, poderei ensinar so inglés, non soñaba daquelas que acabaría a miña vida profesional ensinando matemáticas en inglés.

Pasei dous anos, viaxando os fins de semana e vivindo, primeiro no pobo,  agora que o lembro, hoxe non sería capaz, o segundo  ano, vivín cunha compañeira, porque ela, Encarna era rica, jajaja, tiña casa escola na que se podia estar, xa daquela tiñamos que compartir casa…..

Que rápido pasan os anos e cantas cousas fixen neste tempo… lembro algúns dos meus primeiros alumnos e alumnas, Paquiño, Laura, Marisol,Chita, Jose Antonio……e non podo olvidar a moitos pais e nais que se preocupaban por min, Angel, pais de varios alumnos, aos que me invitaban as festas: matanzas ou calquera outra que preparaban, sempre tiñan para min un sitio nas súas casas.Non podo olvidar a avoa de Chita, que sempre me esperaba para comer, para cear… non podo olvidar a ninguén… Tampouco olvido aos que me fixeron mal, aqueles que non entendían o que eu facía, aos que non querían que eu fora a mestra,…… pero a eses non lles vou por nome.

Lembro a tía Celia, Maribel, Manoli, uffff……. cantas cousas pasaron, que momentos vividos, uns moi bos, outros non tan bos, pero todos foron facendo que o meu caracter sexa o que é agora…

Despois de dous anos en San Lorenzo, suprimen a escola e voume o terceiro ano para a agrupación de A Gudiña, pero esa é outra historia, outra historia para outro día.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *