Axúdalle coas matemáticas

Ideas para que podas axudar ao teu neno ou nena

Actividades diarias:

Pon en hora o microondas, cociña.

Conta cantos iogures quedan na nevera ou laranxas no froiteiro.

Corta algo a metade e fala se son o non son iguais as dúas metades.

Corta algo en cuartos e fala das formas.

Pídelle que poña 4, 5,.. cuncas na mesa, que traia 3, 4.. zanoiras…

Pon suficientes galletas no prato para que todos teñan unha.

Pregúntalle en que orden pon a roupa, que pon primeiro, segundo..

Pregúntalle cantos botóns ten a camisa, cantos ten a chaqueta..

Prengúntalle se a botella está chea ou baleira.

Cantos días faltan para unha data concreta: Nadal, cumpreanos..

Cantos anos teñen os curmáns… cal é mais novo, cal é mais vello..

Conta as escaleiras , conta as rúas que cruzas cando vas ou voltas a casa..

Busca con eles os números das páxinas nos libros que estedes a ler polas noites..

Fai clasificacións cos xoguetes, coa roupa, cos libros..

Conta xoguetes para saber se están todos ou faltan..

No supermercado, ler os prezos..

Buscar os paquetes grandes, pequenos ..

Elexir a froita mais pesada..

Buscar o mais barato..

Marca datas importantes no calendario..

Xoga lendo os números das matrículas dos coches..

“Colecciona” rodas de bicicletas, coches, camións para cando chegues á casa..

Conta cara adiante e cara atrás..

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *