32 anos atrás

Si , agora na propia Gudiña, na agrupación escolar, as cousas xa cambiaron, xa non impartía todas as materias, só ciencias, matemáticas e uffff, educación física, daquelas a mais nova era a secretaria do cole, e tocoume ….. agora sería ao revés,

Viviamos na casa escola de O Cañizo, outra vez con Encarna, a este ano podería porlle título “Aquel maravilloso curso”.

Viaxes a Sanabria, Portugal, comidas en distintos restaurantes, Gran Hotel deVidago, Restaurantes en Chaves….. e imposible olvidar as ceas na casa do cura… Pepe e súa irmá Leo, as noites de inverno xogando as cartas, …. que tramposo era o cura, sempre tiña varias veces o mesmo AS,….. tamén hai que lembrar as festas na casa das mestras, naquela casa fría de O Cañizo, tamén se pasaba ben, os curas da zona e as e os mestres da zona…… un curso, pero o tempo pasa e ó ano seguinte noutro lugar…

Agora queixanse porque un ano teñen que estar a 20 km da casa, por dios, que nós estabamos a mais de 100 e ¿ qué carreteras!!!

Que lle pregunten a Lupe, creo lembrar que estaba en Carracedo da Serra, vivía nun piso de aluguer en A Gudiña pero viaxaba mais ca nos…

Hora e media para chegar a traballar, sair cedo os luns e voltar os venres, agora estou ao lado da casa e levo coche, jajajaja, daquelas non me quedaba mais remedio, agora é por culpa da idade….

Pronto outra historia, pero esta xa será mais preto, aínda que a alegría dos pobres dura pouco, uns aniños preto da casa….

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *